Primeiro recollimos información sobre os castiñeiros, as castañas e a importancia que tiveron na nosa alimentación. Tamén recompilamoscantigas, ditos, refráns e adiviñassobre as castañas, e hai moitísimas!!
Escribimos receitas de comidas e doces con castañas, que nos dixeron nas nosas casas; ilustramos o conto"A castaña Dorinda", fixemosmurais, exposicións e aprendemos cantigas das que cantaban os nosos avós. Unha chea de actividades!! Agora só nos queda agardar ata o venres para darnos unha enchenta de castañas asadas. Que ricas!!
Invitamos ás nosas familias a que nos acompañen ese día para comer, cantar e xogar con nós. Tamén poden pasear polos corredores do centro para ver os nosos traballos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario