20 ANOS DE EDLG, 20 EXPERIENCIAS

Este ano celébrase o vixésimo aniversario da creación, en todos os centros educativos de primaria e secundaria de Galicia, dos actuais equipos de dinamización da lingua galega. O amplo traballo realizado polos equipos durante estas dúas décadas permitiu alcanzar dous obxectivos fundamentais: por unha banda, promover unha imaxe positiva do galego e, por outra, favorecer a visibilización e o uso do idioma nas actividades do centro. Por este motivo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística quere celebrar os seus 20 anos de existencia, de ilusión e de esforzo compartido mediante dúas iniciativas. En primeiro lugar, unha exposición de revistas elaboradas polos equipos desde o inicio da súa andaina, que pode visitarse do 15 de decembro 2011 ao 15 de marzo de 2012 no Museo Pedagóxico de Galicia. En segundo lugar, a conmemoración deste aniversario complétase cunha mostra virtual de 20 experiencias dinamizadoras, entre as que se atopan diversas propostas actuais para todas as etapas educativas. A través destas dúas iniciativas convidámosvos a celebrar conxuntamente o aniversario dos equipos e a homenaxe ao seu traballo.


Entre estas experiencias está incluido o noso programa de radio "O eco do cole" preme no seguinte enlace:

No hay comentarios:

Publicar un comentario