|

......................................................................................................................................
Actividades en liña (para xogar no ordenador ou na PDI):
- Educación Infantil.
- 1º ciclo EP.
- 2º ciclo EP.
- 3º ciclo EP.
- Educación Infantil.
- 1º ciclo EP.
- 2º ciclo EP.
- 3º ciclo EP.
Recursos doutros centros:

Telexornal Díaz Castro: o telexornal que cada curso o CPI Dos Dices de Rois adica ao autor homenaxeado o Días das Letras Galegas retransmitiuse nesta ocasión en directo dende a Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura. Ademais de entrevistas, tamén poderedes escoitar setedos seus poemas recitados por outros recoñecidos autores.



Xesteira: a revista en liña do EDLG do CPI Virxe da Cela de Monfero contén unha ampla selección de actividades sobre Díaz Castro. Inclúe materias moi variados, dende un estudo divulgativo cunha antoloxía de textos traducidos a varias linguas a unha análise de Lois Diéguez do poema Penélope.


A lus do mundo. Redescubrindo o poeta Díaz Castro: páxina do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz na que xenerosamente comparten o traballo que levan feito arredor da figura de Díaz Castro dende xa hai tempo. Música, axenda, karaoke, documental...

A lus do mundo: un poeta nace ou faise? A resposta está neste documental no que os rapaces do IES de Guitiriz redescobren o seu poeta, Xosé María Díaz Castro e nos amosan a súa poesía mesmo coa música.

A lus do mundo na RAG: presentación do documental e dos actos do Centenario Díaz Castro na RAG.

Karaoke: atrévete a cantar os poemas de Díaz Castro musicados pola profesora Sandra Tenreiro e interpretados polo alumnado do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz . Esta iniciativa forma parte de A lus do mundo, un proxecto educativo para achegar a poesía aos escolares.

Axenda Díaz Castro: o IES Poeta Díaz Castro ofrécenos este pequeno espazo para anotacións de todo o que nos vaia acontecendo no ano da homenaxe ao seu veciño. Desexan que as pequenas achegas que acompañan estas páxinas nos animen a aproximarnos á figura do homenaxeado.

Pasapregunta de Díaz Castro: o EDLG do CEIP A Ponte de Lugo rétanos a xogar con eles. Mirade se sabedes dabondo sobre a vida e a obra de Díaz Castro para acadar a máxima puntuación.





Recompilación de webs e noticias sobre Díaz Castro: o EDLG do IES de Teis de Vigo ofrécenos unha interesante recompilación de noticias de diferentes xornais, así como webs de interese sobre o homenaxeado das Letras Galegas este ano.


![]() | LETRAS GALEGAS 2014 | ![]() | ||||
Presentación sobre a vida e obra | ||||||
A SÚA VIDA E OBRA | ||||||
Elaborado polo Sem. Galán
| Díptico exposición obra | |||||
CEIP "A Maía"
| ||||||
MARCAPÁXINAS | ||||||
![]() | ![]() ![]() ![]() ![]() | |||||
EXPOSICIÓN GAÑADORA DO CONCURSO LETRAS GALEGAS 2014 DE INFANTIL E PRIMARIA | ||||||
![]() | ![]() | ![]() | ||||
UNIDADES DIDÁCTICAS (Seminario Galán) | ||||||
2º ciclo Primaria ![]() | 3º ciclo Primaria ![]() | |||||
ACTIVIDADES INTERACTIVAS | ||||||
Mira este vídeo para despois facer o BRINCALETRAS CEIP García Barbón (Vigo) | ![]() ![]() | |||||
Test sobre Díaz Castro Elaborado poli CEIP A Ponte | ||||||
No hay comentarios:
Publicar un comentario