LETRAS GALEGAS 2015: XOSÉ F. FILGUEIRA VALVERDE

XOSÉ F. FILGUEIRA VALVERDE

 





Xosé F. Filgueira Valverde nace o 28 de outubro de 1906 en Pontevedra, onde reside boa parte da súa vida e falece o 13 de setembro de 1996.
Cursa o bacharelato na cidade, onde foi discípulo de Losada Diéguez e Castelao. Estuda Filosofía e Letras e mais Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e Zaragoza. Aquí coñece o profesor Armando Cotarelo Valledor, que será director da súa tese de doutoramento.
Ademais do seu labor profesional como docente e director no Instituto de Ensino Medio de Pontevedra cómpre destacar a súa extensa traxectoria intelectual centrada en diversos ámbitos de estudo e tres eixes: a historia, a cultura e a lingua galega. Ver máis 

Material divulgativo

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, co fin de difundir a figura e o legado de Xosé Filgueira Valverde entre a comunidade educativa dos diferentes niveis de ensino non universitario, pon á disposición dos centros escolares os seguintes materiais.
    • Guía e carteis da exposición gañadora destinada aos centros de educación infantil e primaria.

• Guía e carteis para educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas especiais.
Cada unha destas exposicións fai un percorrido polos momentos máis significativos da biografía do autor e as múltiples facetas que desenvolveu ao longo da súa vida.


Exposición gañadora do Concurso-Exposición Letras Galegas 2015 para educación infantil e primaria
 
Guía de Primaria de Díaz CastroCarteis de Primaria de Díaz Castro

































Actividades dinamizadoras dos centros








   
Pasa-palabra Día das Letras Galegas 2015: fiel á súa cita das Letras Galegas, o EDLG do CEIP A Ponte de Lugo proponnos un itinerario lúdico e entretido pola vida e a obra de Filgueira Valverde. Sodes quen de aceptar o reto?

   

Test de Filgueira Valverde: de novo unha proposta interactiva do CEIP A Ponte de Lugo. Con vinte preguntas poderás demostrar os teus coñecementos sobre a figura de Filgueira Valverde. Acada a máxima puntuación que poidas!

   

Filgueira Valverde: obra literaria: o blog Revolta da Freixa do IES de Teis ofrécenos unha ampla panorámica da obra de Filgueira, así como diferentes achegas que sobre el existen na rede.

   

Recursos didácticos do Seminario Galán: o Seminario Galán agasállanos cada curso cunha abondosa produción de recursos didácticos que teñen como eixe a figura homenaxeada o Día das Letras. Nesta ocasión, ademais doutros materiais, poñen á disposición da comunidade educativa unha exposición de carteis, un cuestionario sobre Filgueira Valverde e distintas actividades interactivas adaptadas ao alumnado de infantil e o primaria.

   

Letras Galegas 2015. Xosé Filgueira Valverde: no blog Mil primaveras máis do EDLG deste centro compostelán poderedes consultar unha guía didáctica sobre a traxectoria vital e profesional de Filgueira Valverde. A actividade compleméntase cunha serie de carteis alusivos á vida e á obra do intelectual pontevedrés a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2015.

   

LIM Xosé Filgueira Valverde: con este divertido LIM elaborado no CEIP Plurilingüe A Magdalena das Pontes, o alumnado non só poderá coñecer máis polo miúdo a figura de Filgueira Valverde senón que tamén poderá comprobar os coñecementos adquiridos sobre o autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas.

   

Vida e obra de Xosé Fernando Filgueira Valverde. Letras galegas 2015: aproveitando o potencial que Issu posúe, o EDLG do CEIP A Ponte de Lugo crea unha publicación moi visual e coidada sobre Filgueira Valverde e o seu legado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario