LETRAS GALEGAS 2015: XOSÉ F. FILGUEIRA VALVERDE

XOSÉ F. FILGUEIRA VALVERDE

 





Xosé F. Filgueira Valverde nace o 28 de outubro de 1906 en Pontevedra, onde reside boa parte da súa vida e falece o 13 de setembro de 1996.
Cursa o bacharelato na cidade, onde foi discípulo de Losada Diéguez e Castelao. Estuda Filosofía e Letras e mais Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e Zaragoza. Aquí coñece o profesor Armando Cotarelo Valledor, que será director da súa tese de doutoramento.
Ademais do seu labor profesional como docente e director no Instituto de Ensino Medio de Pontevedra cómpre destacar a súa extensa traxectoria intelectual centrada en diversos ámbitos de estudo e tres eixes: a historia, a cultura e a lingua galega. Ver máis 

Material divulgativo

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, co fin de difundir a figura e o legado de Xosé Filgueira Valverde entre a comunidade educativa dos diferentes niveis de ensino non universitario, pon á disposición dos centros escolares os seguintes materiais.
    • Guía e carteis da exposición gañadora destinada aos centros de educación infantil e primaria.

• Guía e carteis para educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas especiais.
Cada unha destas exposicións fai un percorrido polos momentos máis significativos da biografía do autor e as múltiples facetas que desenvolveu ao longo da súa vida.


Exposición gañadora do Concurso-Exposición Letras Galegas 2015 para educación infantil e primaria
 
Guía de Primaria de Díaz CastroCarteis de Primaria de Díaz Castro

































Actividades dinamizadoras dos centros








   
Pasa-palabra Día das Letras Galegas 2015: fiel á súa cita das Letras Galegas, o EDLG do CEIP A Ponte de Lugo proponnos un itinerario lúdico e entretido pola vida e a obra de Filgueira Valverde. Sodes quen de aceptar o reto?

   

Test de Filgueira Valverde: de novo unha proposta interactiva do CEIP A Ponte de Lugo. Con vinte preguntas poderás demostrar os teus coñecementos sobre a figura de Filgueira Valverde. Acada a máxima puntuación que poidas!

   

Filgueira Valverde: obra literaria: o blog Revolta da Freixa do IES de Teis ofrécenos unha ampla panorámica da obra de Filgueira, así como diferentes achegas que sobre el existen na rede.

   

Recursos didácticos do Seminario Galán: o Seminario Galán agasállanos cada curso cunha abondosa produción de recursos didácticos que teñen como eixe a figura homenaxeada o Día das Letras. Nesta ocasión, ademais doutros materiais, poñen á disposición da comunidade educativa unha exposición de carteis, un cuestionario sobre Filgueira Valverde e distintas actividades interactivas adaptadas ao alumnado de infantil e o primaria.

   

Letras Galegas 2015. Xosé Filgueira Valverde: no blog Mil primaveras máis do EDLG deste centro compostelán poderedes consultar unha guía didáctica sobre a traxectoria vital e profesional de Filgueira Valverde. A actividade compleméntase cunha serie de carteis alusivos á vida e á obra do intelectual pontevedrés a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2015.

   

LIM Xosé Filgueira Valverde: con este divertido LIM elaborado no CEIP Plurilingüe A Magdalena das Pontes, o alumnado non só poderá coñecer máis polo miúdo a figura de Filgueira Valverde senón que tamén poderá comprobar os coñecementos adquiridos sobre o autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas.

   

Vida e obra de Xosé Fernando Filgueira Valverde. Letras galegas 2015: aproveitando o potencial que Issu posúe, o EDLG do CEIP A Ponte de Lugo crea unha publicación moi visual e coidada sobre Filgueira Valverde e o seu legado.

Libro do outono:

A continuación podedes ver un libro cheo de ditos, refráns e adiviñas do outono, o magosto e o San Martiño creado coas aportacións dos nenos e nenas do CEIP de Quiroga:


Refráns do outono - CEIP de Quiroga

Recursos para as Letras Galegas 2014: Xosé María Díaz Castro

Xosé María Díaz Castro

Xosé María Díaz Castro (1914-1990) forma parte da chamada “escola mindoniense” xunto con escritores como Cunqueiro, Leiras Pulpeiro, Noriega Varela, Iglesias Alvariño..., mantendo un forte compromiso ao longo da súa vida co noso idioma e a nosa cultura. É autor dun único libro publicado no ano 1961, “Nimbos” que está considerado como unha das obras mestras da poesía galega contemporánea.


Recursos do Seminario Galán:

- Biografía.
- Díptico sobre a figura de Díaz Castro.
- Actividades para Educación Infantil.
- Actividades para o 1º ciclo de Ed Primaria.
- 
Actividades para o 2º ciclo de Ed Primaria.
- Actividades para o 3º ciclo de Ed Primaria.



......................................................................................................................................

Actividades en liña (para xogar no ordenador ou na PDI):

- Educación Infantil.
- 1º ciclo EP.
- 2º ciclo EP.
- 3º ciclo EP.

Recursos doutros centros:

Telexornal Díaz Castro: o telexornal que cada curso o CPI Dos Dices de Rois adica ao autor homenaxeado o Días das Letras Galegas retransmitiuse nesta ocasión en directo dende a Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura. Ademais de entrevistas, tamén poderedes escoitar setedos seus poemas recitados por outros recoñecidos autores. 



Brincaletras e curta de animación: o EDLG do CEIP García Barbón achéganos dúas novidosas iniciativas para podermos traballar a figura do homenaxeado. Por unha banda, o Brincaletras, xogo no que cada letra agocha unha pregunta sobre o autor; e pola outra, unha curta de animación co poeta como protagonista.


Prezzi: Mª José Martínez Paz, alumna de 2º de Bacharelato do IES de Curtis, elaborou esta excelente presentación que, a través de fotografías e outras ilustracións, vai facendo un percorrido polos momentos máis representativos da biografía de Díaz Castro .


Xesteira: a revista en liña do EDLG do CPI Virxe da Cela de Monfero contén unha ampla selección de actividades sobre Díaz Castro. Inclúe materias moi variados, dende un estudo divulgativo cunha antoloxía de textos traducidos a varias linguas a unha análise de Lois Diéguez do poema Penélope.


Esa lus: aquí tedes unha nova proposta do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, que non paran. Unha melodía coñecida para uns versos por descubrir.



A lus do mundo. Redescubrindo o poeta Díaz Castro: páxina do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz na que xenerosamente comparten o traballo que levan feito arredor da figura de Díaz Castro dende xa hai tempo. Música, axenda, karaoke, documental...



 
A lus do mundo
: un poeta nace ou faise? A resposta está neste documental no que os rapaces do IES de Guitiriz redescobren o seu poeta, Xosé María Díaz Castro e nos amosan a súa poesía mesmo coa música.


A lus do mundo na RAG: presentación do documental e dos actos do Centenario Díaz Castro na RAG.



 
Karaoke: atrévete a cantar os poemas de Díaz Castro musicados pola profesora Sandra Tenreiro e interpretados polo alumnado do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz . Esta iniciativa forma parte de A lus do mundo, un proxecto educativo para achegar a poesía aos escolares.

 
Axenda Díaz Castro: o IES Poeta Díaz Castro ofrécenos este pequeno espazo para anotacións de todo o que nos vaia acontecendo no ano da homenaxe ao seu veciño. Desexan que as pequenas achegas que acompañan estas páxinas nos animen a aproximarnos á figura do homenaxeado.
      

 
Pasapregunta de Díaz Castro
: o EDLG do CEIP A Ponte de Lugo rétanos a xogar con eles. Mirade se sabedes dabondo sobre a vida e a obra de Díaz Castro para acadar a máxima puntuación.


Test sobre Díaz Castro: o CEIP A Ponte fainos esta proposta tan dinámica e atractiva para poñer a proba os nosos coñecementos sobre a vida e a obra de Díaz Castro.
      
     
Pasapalabra Letras Galegas 2014: aproximación á figura de Díaz Castro seguindo a mecánica deste popular xogo televisivo. Realizado polo CEIP A Ponte de Lugo.


Penélope: pequena curta que recrea o poema “Penélope” de Xosé María Díaz Castro mediante a mestura das voces do alumnado cunha moderna animación manga. Realizada polo IES As Barxas de Moaña.


Calendario Letras Galegas: dende a comarca da Limia en Ourense, chéganos un práctico marcapáxinas dedicado a Xosé Mª Díaz Castro.

      
Recompilación de webs e noticias sobre Díaz Castro: o EDLG do IES de Teis de Vigo ofrécenos unha interesante recompilación de noticias de diferentes xornais, así como webs de interese sobre o homenaxeado das Letras Galegas este ano.


Calendario de peto de Díaz Castro: este calendario de peto, agasallo de Nadal para as familias do alumnado do CEIP Francisco Vales Villamarín de Betanzos, dá a coñecer entre a comunidade educativa os datos máis salientables da biografía de Xosé Mª Díaz Castro e algúns dos seus versos máis coñecidos.

Xosé María Díaz Castro: dende hai máis dunha década, os integrantes do seminario Galán da Coruña centran boa parte do seu traballo na elaboración de materiais relacionados co Día das Letras Galegas e o escritor homenaxeado cada ano, nesta ocasión, Xosé María Díaz Castro.







 
  LETRAS GALEGAS
2014
  
    
     
Presentación sobre a vida e obra
   A SÚA VIDA E OBRA   
  
 
Elaborado polo Sem. Galán
 
Díptico exposición obra
  
  
CEIP "A Maía"
 
  
 
  MARCAPÁXINAS 
                                                            
  EXPOSICIÓN GAÑADORA DO CONCURSO LETRAS GALEGAS 2014 DE INFANTIL E PRIMARIA 
   
  UNIDADES DIDÁCTICAS (Seminario Galán)  
  

Educ. infantil 
  
  
1º ciclo Primaria 
 2º ciclo Primaria  3º ciclo Primaria 
   ACTIVIDADES INTERACTIVAS   
      
  Mira este vídeo para despois facer o BRINCALETRAS

     
CEIP García Barbón (Vigo)
 
   
Test sobre Díaz Castro

Elaborado poli CEIP A Ponte
  
   
     
VIDEOTECA: